top of page

O 112 alerta de tormentas e chuvias no interior da provincia desde media mañá




A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior avisou onte de fenómenos meteorolóxicos adversos en Galicia, que se concretará nun nivel de alerta amarelo por tormentas e chuvias desde as 12 da mañá de hoxe e ata a noite. A alerta afecta ao interior da provincia da Coruña, ao noroeste da de Ourense e ao interior da de Pontevedra. Inclúe os concello de Ordes, Oroso, Trazo, Tordoia, Frades e Mesía.

Nestas zonas, prevese unha precipitación acumulada nunha hora de ata 20 mm, e localmente sarabia e rachas moi fortes de vento. Ante calquera emerxencia lembran que se chame ao 112.

Komentáře


bottom of page