top of page

O alcalde de Cerceda, entrevistado polo alumnado do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro polo 6-D



O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, foi o convidado que participou o pasado venres 9 de decembro no proxecto ‘Biblioteca Humana’ do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, da Silva, con motivo da recente celebración do Día da Constitución.


As pequenas e pequenos de 3º e 4º de Educación Primaria fixéronlle preguntas referentes ao documento como “Mellorou España coa Constitución?”, “A Constitución Española vai existir sempre?”, pero tamén outras de índole persoal, como “Cantos anos levas como alcalde?”.


Un anaco ben agradable e construtivo, segundo o propio alcalde, quen agradeceu o convite á rapazada.

Comentarios


bottom of page