O Club Atlética A Silva-Ordes celebrou a finais do pasado mes de novembro o seu 20 aniversario cunha cea na que participaron tanto o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez García, como o de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo. A cea reuniu varias xeracións de atletas e familiares vinculados ao club, xuntando preto dun cento de persoas.
Por outra banda, o club anunciou que a atleta Icía Ares Betanzos foi campiona galega de 3.000 metros marcha sub16, superando a súa propia marca persoal. Un moi bo sinal, sinalan, de cara ao nacional que terá lugar o 17 de decembro en Xetafe.
Comments