O Atlética A Silva-Ordes pechou un excelente 2021
- Crónicas da comarca
- 10 ene 2022
- 1 Min. de lectura

O Club Atlética A Silva-Ordes vén de pechar un excelente ano competitivo en 2021, onde acadou o terceiro posto no Campionato Galego Absoluto de Probas Combinadas por Clubs no equipo masculino, cunha cuarta posición no feminino. O equipo masculino conformárono Juan Manuel Bello, Alberto Vázquez e Pepe Domínguez, estando o feminino composto por María Aguiar, Noa Rey y Diana Mosquera.
Pola súa banda, o equipo feminino Sub14 rematou terceiro no Campionato Galego por Equipos. Integran este equipo Vera García, Carla Vilariño, Carla Santos, Alba García, Antia Calviño, Paula Fernández, Maria Estévez, Debris Paniagua, Demeku Paniagua, Lara Liste e Icía Ares.
Ademais, tivo unha meritoria sétima praza o equipo Sub12 feminimo, que remontou dende a novena. Alma Bello bateu a mellor marca galega de 60 lisos con 8,35 de tempo. Forman parte deste equipo, alén da propia Alma Bello, Noa Vilariño, Eva Vidal, Nadia Vázquez, Antía Santos, Iria Míguez e Sara Vázquez.
O equipo masculino Sub10 acadou a undécima praza. Está integrado por Martín Couselo, Adrián Vilariño, Iván Suárez, Tomás Gómez, Martín Rodríguez, Iker Rodríguez, Sergio García e Manuel Regueiro.
O resto de equipos presentados acadaron a 12ª praza.
Ademais, o club estivo representado na SIN SON (10k) por Lucía Doval e Vanesa Insaurralde, e na Lugo Monumental por Alfonso.
Comments