O Bloque de Ordes pide retirar os obstáculos da senda peonil de Montaos
- Crónicas da comarca
- 3 may 2023
- 1 Min. de lectura

O portavoz do BNG de Ordes, Pablo Vidal, puxo de manifesto a existencia na senda peonil
recentemente executada en Montaos, “dunha serie de obstáculos, consistentes en varios
postes de tendido telefónico situados no centro da beirarrúa ou mesmo unha arqueta
notablemente elevada con respecto á cota do pavimento”.
Desde o bloque, instaron ao alcalde a solucionar a situación levando a cabo “as xestións
precisas para a retirada dos referidos obstáculos, recuando os postes e rebaixando a arqueta ata o nivel do pavimento”.
Comments