top of page

O BNG de Ordes alega contra o parques eólicos de Berdoias e Pedrabante



O BNG de Ordes ven de rexistrar alegacións nas que cuestionan a creación dunha nova liña de evacuación que atravesaría o concello de Ordes polas parroquias de Lesta, Mercurín, Leira e Ardemil.


Para Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, “o concello de Ordes está saturado de liñas eléctricas que limitan o desenvolvemento agrogandeiro, forestal e urbanístico da contorna afectada”. Os nacionalistas propoñen “a repotenciación das infraestruturas de transporte de enerxía existentes, evitando deste xeito afectar a novas zonas”.


Vidal lembra que en paralelo está en tramitación a creación da L.A.T. Campelo-Mesón do Vento, “á cal xa presentamos alegacións no seu momento e cuxo trazado cruza en varios puntos do noso concello o da nova liña proposta”. Para o voceiro nacionalista, esta situación resulta “unha clara mostra do descontrol e a depredación que o “boom” eólico está a xerar en Galicia e no noso concello”.


O BNG de Ordes insiste na necesidade “dun novo marco regulatorio do sector eólico" e acusa ao Goberno local de "pasividade e complicidade co descontrol que estamos a padecer”.

Comments


bottom of page