top of page

O BNG DE ORDES ALERTA DO INCUMPRIMENTO DAS DISTANCIAS NOPROXECTO DO PARQUE EÓLICO MONTE INXERIO


O BNG de Ordes, a través do seu portavoz, Pablo Vidal, e do concelleiro Avelino Candal, ven de presentar alegacións en contra da declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Monte Inxerio, cuxa resolución favorable abriría a posibilidade de expropiar os terreos precisos por parte da promotora.

Os nacionalistas sinalan que coa entrada en vigor do P.X.O.M. de Ordes, “modificáronse as

delimitacións de solo de núcleo rural”, detectando segundo indican “que o aeroxerador MI-06 atópase proxectado a menos de 500 m do núcleo rural de Meitufe (05.12_2)”. A este respecto, o concelleiro do BNG, Avelino Candal, advirte que “estase a incumprir coa distancia mínima establecida pola lexislación vixente”.

Desde o bloque consideran que “non ten sentido formular unha necesidade de expropiación e ocupación dos terreos, cando aínda non resulta posible definir con exactitude cales son ditos terreos, e cando existen eivas tan importantes como a elaboración dun novo informe acústico que garanta que os novos aeroxeradores proxectados, non afectan negativamente á veciñanza da zona”.

Comments


Commenting on this post isn't available anymore. Contact the site owner for more info.
bottom of page