top of page

O BNG denuncia o "deficiente estado de conservación" do parque de xogos do paseo Ramiro Recouso


O Bloque Nacionalista Galego de Ordes denunciou a pasada fin de semana o "deficiente estado" da zona de xogos e mais o parque infantil situados no paseo Ramiro Recouso Liste. Sinalan que o firme recinto e o recheo do foxo de área adoecen dunha reposición e que a varanda de madeira que exerce como peche presenta notables deterioracións nalgunhas zonas.

O estado de conservación dos xogos é moi mellorable, continúan os nacionalistas, denunciando a existencia de "diversos elementos que representan un notable risco de golpe ou corte para as crianzas que fan uso dos mesmos". Ademais, explican, as fontes do paseo non botan auga desde finais do verán.

Por outra banda, na zona onde se atopan os animais, as redes ou teas que teñen as gaiolas das aves, "amosan unha aparencia de escasa hixiene e salubridade", engaden.

No último pleno celebrado o Bloque instou ao alcalde a efectuar as tarefas precisas para a axeitada conservación da zona.

Comments


bottom of page