top of page

O Camiño Inglés publicitarase no Reino Unido

Actualizado: 17 mar 2021



Xunta e Diputación chegaron a un acordo estable de promocionar conxuntamente o Camiño Inglés en Inglaterra, acción na que o Concello de Oroso xoga un papel importante dende o ano 2015. Tanto o alcalde, Manuel Mirás Franqueira, como o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, a acudiron a Gran Bretaña a entrevistarse con deputados e alcaldes e explicarlles o proxecto conxunto no que se acabaron implicando. Agora, á iniciativa de Antonio Leira -que tamén é deputado provincial-, Deputación e Xunta fixaron un orzamento e unhas accións concretas para seguir avanzando na sinalización do Camiño en Gran Bretaña.


O alcalde de Oroso manifestou que "por suposto que estaremos aí, e orgullosos de ter sido os pioneiros en resucitar o Camiño Inglés aló, á vez que para nós é unha fonte de riqueza, como queda de manifesto na cantidade de oferta de hospedaxe e restauración que temos".


Segundo un estudo da Universidade de Santiago, feito a instancias de Turismo de Galicia, os peregrinos deixaron no 2019 case 700.000 euros no Concello de Oroso. Na foto, Antonio Leira e Manuel Mirás dirixíndose ao primeiro grupo que en 500 anos chegou de Gran Bretaña para percorrer o Camiño Inglés, a finais de febreiro do 2019.

Comments


bottom of page