top of page

'O camiño que nos une', este sábado en Oroso e Trazo



'O Camiño que nos une', unha nova iniciativa que combina sendeirismo e música, chega este sábado a Oroso e Trazo. O proxecto de dinamización ‘O camiño que nos une’ pretende dar visibilidade aos atractivos naturais e patrimoniais de cada un dos sete concellos da comarca de Ordes.


A proposta consiste na creación dun camiño que una os sete concellos da comarca, dando visibilidade en cada un deles aos espazos de interese natural, cultural, histórico ou arquitectónico.


En cada un destes sete puntos haberá unha andaina e unha actividade cultural que servirá para presentar, visibilizar e dar a coñecer ese espazo, e para amosar as potencialidades e valores propios da Comarca de Ordes como camiño interior.



É unha iniciativa do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) ASDECOMOR, coa colaboración de AGADER e a Secretaria Xeral de Política Lingüística e, nestes casos, os concellos de Oroso e de Trazo.


Oroso

“Consideramos importante formar parte desta iniciativa, xa que serve para potenciar o atractivo natural e histórico de Oroso, unha prioridade para o noso concello”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Turismo de Oroso.


En Oroso, a actividade celébrase na mañá do sábado, 23 de outubro. Ás 11h partirá da Casa do Concello a andaina ‘Ruta do Tambre'. Esta finalizará ás 12h no mesmo lugar, e despois haberá unha actuación musical con ‘Cintaadhesiva’ no Tambre Golf de Oroso.


Trazo

En Trazo a actividade celebrarase o mesmo día, pola tarde. Arrincará cunha andaina que partirá ás 17h da igrexa de San Martiño de Monzo e que se prolongará con catro quilómetros. Ás 18:30h haberá unha actuación musical a cargo de Emilio Rúa. As prazas son limitadas.


Pódense facer reservas nesta ligazón.




Commentaires


bottom of page