O Concello de Cerceda abriu o prazo de inscrición do Campamento de Verán. O prazo de solicitude esténdese do 1 ao 16 de xuño. A cota de inscrición é de 50 euros.
O campamento diríxese a nenas e nenos escolarizados de ata 14 anos. A primeira quenda será entre o 26 de xuño e o 7 de xullo. A segunda, do 10 ao 21 de xullo. A terceira será entre o 24 de xullo e o 7 de agosto.

Comments