O Campionato de Pesca Infantil de Frades alcanzou a súa vixésima edición
- Crónicas da comarca
- 2 ago 2023
- 1 Min. de lectura

O Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades acadou a súa vixésima edición o pasado sábado. Unha vez máis, celebrouse na área recreativa da piscina municipal de Papucín. Tomaron parte 25 nenas e nenos do concello xunto coas súas familias. Capturáronse varios exemplares que levaron para a casa, e despois de recibir medallas e agasallos compartiron unha boa merenda.
Ademais da colaboración dos empregados municipais e dos voluntarios que axudaron o día anterior a solta das troitas, participaron na xornada os concelleiros Manuel Ferreiro, Jesús Francos, Juan Carlos Portos e o alcalde Roberto Rey.
Comments