O Campus de Verán do Celta en Oroso comeza o 27 de xuño
- Crónicas da comarca
- 31 may 2022
- 1 Min. de lectura

O alcalde, Luis Rey e o concelleiro de deportes, Antonio Leira, xunto cos responsables do campus, Manu Gomez e o director da Fundación Celta, German Arteta, presentaron o venres 27 de maio o Campus de Verán 2022 que terá lugar no Campo Lino Balado de Sigüeiro do 27 de xuño ao 1 de xullo. Diríxese a rapazas e rapaces de 4 a 16 anos. Inclúe uniforme de adestramento (camiseta, pantalón e calcetíns).
A inscrición pode facerse online.
Comments