O Centro de Día Fogar Residencial de Cerceda celebrou onte unha xuntanza cos familiares e achegados de tódalas persoas usuarias do centro. A concellerira de Benestar Social e Igualdade, Catrina Queijo, estivo acompañándoos nesta ocasión, tendo a oportunidade, ao igual cos familiares, de disfrutar dunha oportunidade única que serve de punto de inflexión para abrir as portas a normalidade e retomar un contacto presencial coas familias. Así como, poñer en valor as actividades realizadas polos propios usuarios como por exemplo, os obradoiros de cociña, recunchos artesáns e decoración propia da época, sinalan dende o Concello.
top of page
bottom of page
Comments