O Club Xadrez Oroso proclámase campión da Liga Galega en Primeira División
- Crónicas da comarca
- 7 may
- 1 Min. de lectura

O Club Xadrez Oroso vén de proclamarse campión da Liga Galega de Xadrez en Primeira División, tras unha tempada brillante na que liderou a clasificación dende a primeira xornada ata o final da competición. O equipo rematou con máis de tres puntos de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores.
O equipo campión estivo formado por Martín Pena Varela, Benxamín Pérez Souto, Xesús Feás Sánchez, Álvaro Viqueira Verea, Juan Ramón Salgueiro Aguirre, Enma Campelo Mallo e Diego Cao Dopico, xogadores que amosaron un gran nivel competitivo durante toda a liga.
Dende o club salientan que este novo éxito é especialmente significativo ao terse acadado sen axudas nin públicas nin privadas, e supón o segundo título consecutivo na Liga Galega, un fito histórico para o deporte da comarca de Ordes.
A entidade tamén quixo destacar o traballo de base que se desenvolve nas escolas de xadrez, con máis de 100 xogadores e xogadoras formando parte da súa estrutura, especialmente a súa inmensa canteira, coñecida como a gran marea verde, verdadeiro alicerce do futuro do club.
O Club Xadrez Oroso competirá o vindeiro ano na categoría Preferente, e afronta este novo reto coa ilusión de continuar a colleitar éxitos e de seguir promocionando o xadrez e a comarca nos máis altos niveis do deporte mental en Galicia.
Kommentare