O Concello de Frades homenaxea ao médico Juan López Villasante na súa xubilación
- Crónicas da comarca
- 6 jun 2023
- 1 Min. de lectura

O Concello de Frades agradeceu hoxe a Juan López Villasante o seu traballo como médico no municipio durante os últimos 30 anos. O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro Marzoa, e o concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, desprazáronse ata o centro de saúde de Ponte Carreira para recoñecerlle o seu traballo e dedicación durante todo este tempo e entregarlle un recordo do municipio. Desexáronlle unha feliz xubilación.
Comments