Unha vintena de veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha charla de concienciación para previr accidentes entre persoas maiores. A charla foi impartida por un técnico da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña. O concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos, foi o encargado de agradecer a participación dos maiores do municipio, que encheron o multiúsos de Frades, para recibiren unha serie de consellos “para circular con maior seguridade polas vías públicas en calquera situación ou circunstancia, como condutores ou como peóns”.
Durante aproximadamente unha hora, o técnico da Xefatura Provincial de Tráfico ofreceulles aos maiores de Frades unha serie de consellos para mellorar a súa seguridade viaria, dende como circular polas distintas estradas ou a importancia de cruzar polos pasos sinalizados ata a necesidade de facerse visibles como peóns diante dos condutores, polo que recibiron un chaleco reflectante de agasallo.
Commentaires