top of page

O Concello de Mesía programa unha excursión ao teatro en Compostela o 25 de novembro

O Concello de Mesía organiza unha saída ao teatro e cea, que define como " unha noite de teatro e conversa" en Santiago de Compostela. Será o 25 de novembro, para asistir á obra de teatro Síbaris no compostelán Auditorio de Galicia e posteriormente cear no restaurante Casa Manolo na zona vella da mesma cidade.


As inscricións poden facerse por whatsapp no 699 453 750 ou por correo á Casa da Cultura en casadacultura@concellodemesia.gal. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude, con preferencia para persoas empadroadas.



コメント


bottom of page