top of page

O Concello de Oroso pon en marcha o programa "Harmonía Familiar"

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Oroso pon en marcha o Programa "Harmonía Familiar", orientado a promover cambios positivos nas relacións familiares implicando a nais, pais e fillos. Consideran dende o Concello que "a adolescencia supón un desafío para as familias" e por tanto queren facilitar "ferramentas para mellorar as competencias parentais e as habilidades sociais dos nenos, nenas e adolescentes".


As persoas destinatarias son familias con menores a cargo con idades comprendidas entre os 11 e os 14 anos. O programa estenderase durante seis sesións semanais de dús horas.

O periodo de inscrición finaliza o 30 de novembro.




Comentarios


bottom of page