top of page

O Concello de Oroso pon servizo de bus para a cabalgata de Reis en Sigüeiro



O Concello de Oroso porá fin ás actividades de Nadal coa celebración da recepción e cabalgata de Reis Magos polas rúas de Sigüeiro dende as 18h. Co obxectivo de facilitar a participación das nenas e nenos da área rural, habilitarase un bus gratuíto dende as 15:45h con ruta polas parroquias. A primeira ruta contará con paradas en Recouso, Igrexa Pasarelos, Calvente, Sar, Torre,Senra-Tabernas,Cardama,Couso,Curro,Vilarromariz-Taberna,Vilarello, Falmega, Carollo, Porto Avieira, Gándara e Sigüeiro. A segunda, pasará polo Cano, A Costa, Escola de Trasmonte, Capela de San Román, Fafián, Empalme, Bouzalonga, Baxoia, Os Carballos, Vilalbarro, Oroso Pequeno, Berdomas, Portiño, Vilacide e Alto Vilanova. Aquelas persoas que desexen obter máis información sobre este servizo de

transporte poderán chamar ao teléfono 981 69 14 78.


As súas maxestades de Oriente sairán ás 18h horas desde o CEIP do Camiño Inglés e continuarán o seu traxecto pola estrada N-550, a Avenida da Grabanxa, a Rúa do Deporte e a Rúa Camiño Inglés, para finalizar na Praza do Concello, onde serán recibidos pola Corporación Municipal e o alcalde, Luis Rey.


Antes de que comecen o seu percorrido polas rúas de Oroso, os Reis Magos ofrecerán unha recepción aos nenos e nenas do municipio no Pavillón de Deportes, de 10.30 a 14.00 horas e de 15.00 a 17.00 horas




Comments


bottom of page