Este verán o Concello de Trazo organizará varias saídas á praia en autobús os mércores do mes de agosto. Trátase dunha actividade gratuíta cuxas prazas se cubrirán por rode de inscrición. Pódense anotar todas as persoas maiores de idade empadroadas no municipio.
O autobús iniciará o percorrido polas parroquias do concello cada mércores ás 9 da mañá. con regreso ás 7 da tarde. Máis información e inscricións no concello de Trazo ou no teléfono 981 68 90 01.
Comments