top of page

O CPI Ponte Carreira recibe un lote de libros por participar no concurso “Rosalía e as nosas letras"


O CPI Ponte Carreira de Frades vén de recibir un lote de libros cedidos pola Xunta de Galicia como agasallo pola súa participación no concurso “Rosalía e as Nosas Letras”, organizado pola Mancomunidade de Municipios de Ordes. Á entrega asistiu o concelleiro de Ensino de Frades, Manuel Ferreiro, que felicitou ao alumnado e ao colexio pola súa participación nesta edición.


“Rosalía e as Nosas Letras” é unha iniciativa posta en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes para conmemorar o Día de Rosalía e o Día das Letras Galegas. Por iso, entre o 23 de febreiro e o 17 de maio, o alumnado do CPI Ponte Carreira colgou os seus vídeos cos seus versos favoritos de Rosalía de Castro.

Comments


bottom of page