O CRA de Oroso recoñece ás mulleres bravas que construíron a comunidade
- Crónicas da comarca
- 28 mar 2022
- 1 Min. de lectura

No marco das actividades organizadas no mes de marzo con motivo da conmemoración do día da Muller, o CRA de Oroso e o Concello de Oroso nomearon os patios de xogo das distintas escolas unitarias que conforman o CRA co nome de mulleres importantes no municipio. Así se fixo en Vilacide -Aurora Nouche Patiño-, Trasmonte -Clemencia Picón Otero-, Deixebre -Isabel Canabal Barco-, Senra -Josefina Vieites Botana- e Vilarromariz -Rosario López Díaz-. Trátase dunha forma de homenaxear a cociñeiras, leiteiras, carniceiras, mestras, mulleres emprendedoras, innovadoras e bravas que axudaron a construír Oroso.

O alcalde, Luis Rey Villaverde, e a concelleira de Mulleres, Ensino e Benestar Social, Isabel Fernández, participaron como convidados neste acto. Por parte do Concello sinalan que "quedan moitas e pasaremos a testemuña ao resto de centros escolares do Concello para seguir honrando en vida ás mulleres que tanto fixeron por nós".

Comments