O delegado do Goberno promete "protagonismo" a Cerceda nos investimentos para a transición xusta
- Crónicas da comarca
- 27 dic 2021
- 1 Min. de lectura

O alcalde do Concello de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, e a concelleira Cristina Capelán, reuníronse a fins da semana pasada co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para avanzar no proceso de transición xusta no municipio.
Na xuntanza, o delegado do Goberno comprometeuse co rexedor para xestionar co Ministerio as alegacións que presentou a entidade local nas que solicita que Cerceda teña un trato prioritario nas axudas do plan de infraestruturas de transición xusta ao ser o concello onde se ubica a central de Meirama. Miñones tamén apuntou que o Concello de Cerceda terá un protagonismo central nestes investimentos para superar o impacto do peche da central, e coincidiu en que é un dos concellos máis afectados por ser onde se sitúa unhas das plantas térmicas que cesa a actividade.
コメント