top of page

O Goberno de Oroso suprime a plusvalía nos orzamentos para o 23


O alcalde de Oroso, Luis Rey, anunciou que o proxecto de orzamentos para o exercicio de 2023 está“practicamente ultimado para aprobalo inicialmente antes de que remate o ano” e precisou que superará os oitomillóns de euros e incluirá “unha rebaixa da presión fiscal á veciñanza que superará os 300.000 euros”.


Segundo explicou o rexedor local, esta “importante bonificación fiscal” levarase a cabo a través de tresmedidas: a supresión do imposto de plusvalía, que estaba a reportar cada ano preto de 200.000 euros deingresos para as arcas municipais; a asunción por parte do concello dos preto de 100.000 euros que suporá a incorporación da denominada “quinta fracción de recollida orgánica” ou “contedor marrón” na xestión dosresiduos; e en terceiro lugar, a decisión de non repercutir na taxa do abastecemento de auga e o saneamento a actualización dun Índice de Prezos ao Consumo (IPC) que se situará “por enriba do 8%” e que poderíarondar outros 40.000 euros en total.


“No goberno local de Oroso somos conscientes de que a inflación dos prezos está a mermar o poder adquisitivode moitas familias e por iso pretendemos aprobar esta importante rebaixa da carga fiscal nos orzamentos de2023 para axudalas a superar esta situación conxuntural, que agardamos que se normalice o antes posible”, manifestou o alcalde.


Ao mesmo tempo, Luis Rey subliñou que “esta rebaixa impositiva non vai mermar a capacidade inversora dosnovos orzamentos” e asegurou que “será posible grazas á boa saúde económica da que goza o Concello de Oroso, froito da xestión responsable que está a desenvolver o goberno local”.

Comments


bottom of page