
Segundo informou onte á noite La Voz de Galicia, o Grupo Puentes, cuxa sede se atopa en Sigüeiro, vén de conseguir un contrato por valor de 600 euros en Chile para construír, dotar e manter tres centros médicos dentro da Rede Hospitalaria Maule daquel país sudamericano. O Grupo Puentes conta con ampla experiencia neste campo, xa que ademais de construír o Álvaro Cunqueiro de Vigo, edificou e puxo en andamento en menos dun ano o Hospital de Los Ceibos, o maior de Ecuador. Tamén se encargou do Hospital de Quito Sur, no mesmo país.
Este contrato en Chile significa o deseño, construción, equipamento e mantemento do hospital durante quince anos. A entrada en funcionamento do servizo, con 368 camas, será dentro de catro anos. Será necesario un investimento de 250 millóns de euros. O Grupo Puentes optou a este contrato en consorcio co seu accionista maioritario dende xuño, China Road and Bridge Corporation (CRBC).
O presidente do Grupo, José Manuel Otero Alonso, valorou para La Voz de Galicia a adxudicación como un "claro exemplo das sinerxias que achega o ingreso de CRBC no noso acionariado". Para Otero Alonso, a combinación da "experiencia de Grupo Puentes" en América latina e o "músculo financeiro de CRBC" fixeron posible o logro de "grantes complexos a nivel internacional". "Grupo Puentes mantén o seu destacado posicionamento", sinala.
Comments