O humor e a política miden forzas futbolísticas no pavillón de Oroso por unha boa causa
- Crónicas da comarca
- 10 oct 2022
- 1 Min. de lectura

O partido solidario entre as caras coñecidas da CRTVG e o humor galego contra os políticos orosáns axudou a fin de semana a xuntar arredor de 1.000 quilogramos de alimentos non perecedoiros, que en vindeiras datas serán distribuídos polo departamento de Servizos Sociais municipal a familias con escasos recursos. O Concello agradeceu a todas as persoas que se achegaron ao pavillón coas bolsas de alimentos.
No deportivo, desta volta o resultado foi 9-3 a favor dos foráneos, con Federico Pérez de pichichi (3 goles), seguido de Adrián Díaz (2), Terio Carrera (2), Xosé A. Touriñán (1) e Fran Cañotas (1). Polos locais, marcaron Luis Rey, Jonatan Rey e Fernando Gutiérrez.
O máis importante é que non houbo lesionados e nin sequera foi precisa a intervención da quiromasaxista Begoña Alonso Basalo, que tamén colaboraba solidariamente no evento.
Comments