Un incendio declarado nunha casa en Frades provocou danos no seu interior, sen que, afortunadamente, se producisen danos persoais.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o lume deixou o salón da vivenda calcinado por completo. As causas que provocaron o incendio descoñécense arestora.
Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia, uns minutos antes das 17.45h de onte, 13 de decembro. Segundo indicaba na súa chamada, o incendio tiña lugar nunha casa no lugar da Carballeira, na parroquia de Gafoi. Engadía na súa comunicación que todos os habitantes da vivenda estaban xa fóra. Axiña, con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ordes e dos axentes da Garda Civil. Os Bombeiros de Ordes informaron ao 112 Galicia ás 19h de que o lume estaba sufocado.
댓글