top of page

"O meu xénero non define o que son", lema do 25N en Frades


O lema “O meu xénero non define o que son” é o escollido este ano para protagonizar a campaña municipal do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do Concello de Frades. Unha proposta realizada por “Os tres de sempre”, pseudónimo baixo o que se presentaron ao concurso Jeni Gómez García, Ana Pernas Mato e Hugo Rodríguez Rúa, alumnado do IES de Ponte Carreira.


Un concurso no que tomaron parte os alumnos e as alumnas do IES de Ponte Carreira, que presentaron as súas propostas para a campaña municipal. Finalmente, o xurado, integrado por profesorado do IES e técnicas municipais, escolleron a proposta de Jeni, Ana e Hugo, que ademais de ser recollida en camisetas, adhesivos e carteis, tamén será inmortalizada nun graffiti que se fará no campo de fútbol de Ponte Carreira.


Estes tres rapaces collen o relevo de Rubén Fariñas, quen deseñou a campaña do ano 2020 e cuxa proposta, “Todo está na nosa man”, aínda pode verse en forma de graffiti no exterior do campo de fútbol de Abellá.

Comentários


bottom of page