Un total de 25 escolares e 6 monitores de Santiago de Compostela visitaron o mércores 27 o Centro de Cultura Tradicional do Concello de Frades. Dende o campamento, con base en Abellá, desprazáronse andando. A actividade está organizada pola asociación "Seteportas", do agrupamento Altair, dedicado a programar actividades de tempo libre.
Como é habitual, o Mufra preparoulles unha merenda tradicional consistente en pan de broa, onzas de chocolate e gaseosa. Dende o museo amosan a súa satisfacción con esta visita, recordando que nos últimos meses máis de 200 escolares pasaron xa polo Mufra, o Museo de Frades.
Comments