O PP acusa ao Concello de Oroso de "perder máis de 200.000 euros na obra do Centro Cultural"
- Crónicas da comarca
- 1 feb 2022
- 1 Min. de lectura

O grupo municipal do PP de Oroso asegurou hoxe, por boca do seu portavoz, Alexander Doval, que o Concello de Oroso perdeu máis de 200.000 € na obra do Centro Cultural, e responsabilizou disto "á incapacidade de xestión por parte do equipo de goberno do PSOE e do BNG encabezado polo alcalde, Luís Rey".
Os populares chegan a esta cifra sumando os 150.000 euros de diferenza entre a primeira e terceira licitación das obras, que pasaron de 310.00 a 460.000 €. Ademais, engade os 65.000 € que o AGADER concedeu a Oroso para a construción dunha biblioteca intelixente que non chegou a desenvolverse.
"Esta biblioteca estaba ligada a que o executivo municipal terminase a execución das obras dun Centro Cultural, un proxecto que leva parado máis de dous anos tamén pola nefasta xestión municipal", aseguran dende o PP. Doval denuncia que “tras case tres anos de mala xestión e a algo máis dun ano das municipales éntralles a présa".
Comments