top of page

O PP da Coruña inicia o traballo das municipais cunha xuntanza en Santiago



O Partido Popular da provincia da Coruña reuniu esta semana aos seus 36 alcaldes nunha cita que serviu como punto de partida dun inicio de curso político que ten marcado en vermello o domingo 28 de maio de 2023, data na que os cidadáns de Galicia están chamados á cita coas urnas municipais.


Durante a xornada de traballo, encabezada polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, polo líder dos populares coruñeses, Diego Calvo, polo secretario xeral do PP na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e pola vicesecretaria territorial da formación, Ángeles Vázquez, os 36 rexedores tiveron a oportunidade de coordinar estratexias e poñer en común ideas de cara a afrontar coas maiores garantías posibles a cita electoral.


“As eleccións municipais serán o noso primeiro exame e temos que pasalo con moi boa nota para, posteriormente, seguir coas xerais e as autonómicas e demostrar que o Partido Popular está listo para afrontar os retos que se nos presentan no futuro e dar resposta ás demandas e necesidades dos veciños”, indicou Rueda.


Tamén sobre a cita local coas urnas, Diego Calvo aproveitou para recalcar a “importancia”de traballar de maneira coordinada dentro do partido para conseguir incrementar o número de apoios e tamén de alcaldías que os populares teñen na provincia para, desta maneira, “incrementar a forza municipal coa que conta o partido na actualidade”.

Comments


bottom of page