top of page

O PP de Oroso carga contra o Goberno local pola falta de orzamento



O Partido Popular de Oroso, encabezado polo seu portavoz, Alexander Doval, cualificou de "falta de xestión" os atrasos na presentación do borrador do documento orzamentario para o 2022. Acusan ao executivo local de “pouco eficiente” no desenvolvemento do seu labor.


“Xa pasamos o ecuador do mes de febreiro e o documento dos orzamentos nin está, nin se espera con lo que iso supón para poder sacar adiante os proxectos que necesitan os veciños”, afirmou Doval, quen cargou contra os socios de goberno do BNG aos que tildou de “cómplicesda neglixente xestión municipal”. Doval lamenta que non se convocase aínda a Comisión de Contas e alerta dos problemas derivados desta situación.



Comments


bottom of page