top of page

O PP de Oroso critica a execución das obras de Carollo (Cardama)



O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso considera “decepcionante” o resultado das obras levadas a cabo para a ampliación de estrada de Carollo na parroquia de Cardama. Así o fixo saber o portavoz do PP, Alexander Doval.


Logo dunha década de agarda, os populares consideran incompleta a actuación para comunicar a parroquia de Cardama con Piñeirón e con Sigüeiro, por unha banda, e con Budiño (O Pino) e a estrada nacional que remata en Oviedo, doutra banda.


Doval considera que se "burlaron" dos veciños e que as obras "só afectaron a un tramo intermedio de menos de dous quilómetros", quedando sen ampliar un tramo de 1,5 quilómetros ata Piñeirón e de 700 metros en Budiño.


O portavoz popular tamén criticou o feito de que as obras só permitisen unha ampliación de 50 centímetros nunha vía de alta densidade de tráfico. Doval pide tomar exemplo do Concello do Pino, con obras de ampliación da vía en metro e medio durante case cinco quilómetros.





コメント


bottom of page