top of page

O PP de Oroso propón unha revisión completa do PXOM



O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, solicitou na última Comisión Informativa de Ordenación do Territorio que se empece a traballar nunha revisión completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado polo executivo local. Os populares xustifícano alegando a proposta do grupo de goberno do PSOE e do BNG de reducir a porcentaxe de reserva de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública do PXOM do 30% ao 10%.


“O PXOM data do ano 2005, se ben é certo que se fixeron modificacións puntuais, consideramos que é o momento de poñerse a traballar nunha revisión completa do documento para que resolva as necesidades dos cidadáns para os próximos 15 anos”, apuntou Doval.


O portavoz do PP aproveitou para recordar que a previsión do PXOM non se cumpriu nin por asomo logo da crise económica e tampouco, dixo Doval, se vai a cumprir agora coa crise do COVID.


Por este motivo, o popular incidiu en que debe revisarse o documento para, entre outras cousas, modificar a delimitación de superficie do solo de núcleo rural, dando edificabilidade onde sexa preciso e a Lei do Solo de Galicia o permita.


“A nosa obriga é a de dar respostas as necesidades habitacionais dos nosos veciños. Cada vez máis tendemos a vivendas unifamiliares e non só a pisos”, indicou Doval, que cualificou de “parche” a proposta levada a cabo polo grupo de goberno.

Comments


bottom of page