A Alcaldesa de Trazo, Fina Suárez e o Portavoz do Partido Popular en Oroso, Alex Doval, remitíronlle está mañá por rexistro un escrito firmado por ambos ao Presidente da Deputación da Coruña, Valetín González Formoso. Neste documento, os máximos responsables do Partido Popular en ambos os dous concellos solicitaban que se fixese unha modificación do proxecto de Vía Verde, que se está a executar nestes intrés, para dotar de maior altura o túnel entre Trasmonte (Oroso) e Castelo (Trazo).
Segun explican na súa misiva o túnel –por riba descorrerá a Vía Verde – é de escasa altura o que imposibilita o paso de tractores e vehículos de certa altura, tendo estes que dar a volta pola Estación de Oroso, a uns 6 km de distancia.
“Se ben é certo que o túnel pertence ao Concello de Oroso integramente, hai moitos gandeiros de Castelo que traballan fincas en Trasmonte e Deixebre, polo que dotar de máis altura este túnel aforraríalle ter que ir da a volta pola Estación de Oroso” apuntou Fina Suárez.
“Creemos que é unha modificación mínima no que é o total do proxecto de Vía Verde e que melloraría a vida de moitos veciños de ambos lados do río Tambre” explicou Alex Doval.
Tanto o Portavoz Popular como a Alcaldesa de Trazo expresaron o seu apoio ao proxecto da Vía Verde e incidiron en que o único que buscan con esta reivindicación e “afinar” a infraestrutura para que sexa “atractiva dende o punto de vista recreativo” e “útil dende o punto de vista laboral e funcional”.
Ambos mandatarios mostráronse convencidos de que o Presidente da Deputación atenderá a súa solicitude.
Comments