O Concello de Mesía facilitará o transporte diario aos estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites municipais. Exclúense da axuda os estudos superiores (universitarios ou doutoramento).
A convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2020-2021 foi publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 162, do 29 de setembro de 2020. O prazo rematará o vindeiro día 30 de outubro, inclusive. Pódese solicitar máis información no 981 68 70 01.
Comments