Dende a Asociación Ambiental Senda Nova seguen cos programas en marcha da XII Primavera en Ruta, da 8º edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo e o programa 'Espías no noso Bosque', que se leva a cabo basicamente nos centros de ensino de Bergantiños e Ordes, principalmente.
Escola Ambiental A Escola Ambiental encara a recta final desta edición a través de xornadas de coidado da horta na súa fase final de últimos traballos antes da colleita. Nesta última fase tamén están realizando actividades de coñecemento de material destinado a actividades ao aire libre e manexo do mesmo. Deste xeito, a partires de agora, realizarán sesións con máis presencia no exterior, incluso pernoctase en tendas de campaña a través de Obradoiros de observación e convivencia.
Espías no noso bosque Ás charlas sobre mamíferos autóctonos realizadas no CEIP Fogar de Carballo e o CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva, uníronse os obradoiros de Pegadas e andainas interpretativas co mesmo CEIP Fogar e o CEIP de Caión.
XII Primavera en Ruta
A XII Primavera en ruta chegará ao seu final o vindeiro domingo coa andaina polas terras altas de Soneira. As últimas actividades do programa viitarán ao concello de Malpica de Bergantiños para percorrer a costa agreste de Cerqueda e Cambre. Ao concello de Trazo no percorrido pola forza do río Chonia , e ao concello da Laracha no percorrido polos camiños de Caión.
Comments