top of page

O PSdG-PSOE da Coruña saca peito pola revalorización das pensións



Bernardo Fernández, secretario xeral provincial do PSOE, e Xosé Sánchez Bugallo, candidato ao Senado pola Coruña, defenderon hoxe “a revalorización das pensións e as medidas implantadas para aportar sostenibilidade a este sistema público polo goberno de Pedro Sánchez”. “Un dos grandes cambios do goberno socialista neste pasados cinco anos foi o que afectou ás pensions, recuperando a súa actualización en base ao IPC, o que supuxo unha subida do 24% en cinco anos, un 8,5% no 2023”, manifestou Bugallo, lembrando que “o incremento foi superior no caso das mínimas e das de viudedad, que aumentaron un 15%”.


O candidato ao Senado apuntou que “PP e VOX votaron en contra desta revalorización e xa anunciaron cambios se gobernan; o partido que lidera Alberto Núñez Feijóo pretendía aplicar unha subida anual do 0,25%”, ademais de lamentar que “no caso de que gobernen, estou convencido de que a tendencia será esa”.


Poa súa parte, Bernardo Fernández considerou vital que “a cidadanía reflexione cal é a alternativa ao PSOE, aí temos ao PP e a Vox repartíndose gobernos autonómicos e sillóns, con pactos non en base ao que preocupa á cidadania”. “Mentres os socialistas falamos de medidas económicas, eles apostan polos debates impostados e falan abertamente de negar a violencia de xénero ou os dereitos do colectivo LGTBI, acusando a Pedro Sánchez de maldad, mentiras e manipulación”, engadiu.


En palabras de Fernández, “Feijóo non é o máis indicado para falar de manipulación, todos lembramos a súa xestión na TVG ou o que fixo nos anos 90 no Insalud, realizando contratos para o gasoil dos hospitais ou a gasoliña para as ambulancias cun recoñecido narcotraficante”.


Con respecto ás pensións, a deputada e de novo candidata ao Congreso Montse García Chavarría, incidiu en que “é a primeira vez que se garantiza por lei a suba das pensions, máis de 200 euros en cinco anos, fronte aos 2,66 euros que pretendía o PP”, mentres que Obdulia Taboadela, tamén candidata ao Congreso pola Coruña, destacou “a loita socialista destes últimos anos contra a brecha de xénero nas pensións”.


Por último, a preguntas dos medios de comunicación, Bernardo Fernández rematou afirmando que “temos boas expectativas para as eleccións do 23 de xullo, cunha mobilización do electorado de esquerdas que valora as medidas económicas do goberno de Pedro Sánchez e sabe quen está enfrente”.

Comentarios


bottom of page