O portavoz dos socialistas de Tordoia, Tomás Castro, mantivo unha reunión na Coruña co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na que lle trasladou varias demandas veciñais para realizar melloras no concello.
En concreto, o PSOE de Tordoia pediulle melloras na estrada provincial DP-5902 que une o núcleo de O Couto (parroquia de Lesta) e Pontepedra, co obxectivo de acondicionar o vial e elevar o gálibo da ponte que pasa sobre a antiga vía do ferrocarril.
“A día de hoxe, a altura non permite pasar aos vehículos pesados, agrícolas e tractores, polo que é necesaria unha reforma da infraestrutura”, explica Tomás Castro.
Por outra parte, os socialistas demandan unha senda peonil entre os núcleos de Tablilla e O Petón para mellorar a seguridade viaria dos veciños e veciñas que transitan por este vial.
O presidente da Deputación comprometeuse a estudar as demandas do PSOE de Tordoia co servizo de vías e obras provincial, xa que se trata de peticións comprensibles e que mellorarán a vida dos veciños.
“Agradecemos a receptividade do presidente González Formoso, que entendeu a necesidade das peticións das que falamos na reunión”, engadiu Castro.
Comments