top of page

O Punto Limpo estará en Frades quince días



O Concello de Frades informou hoxe de que durante os próximos 15 días o punto limpo móvil estará situado á beira do Local Social de Céltigos. Pódense depositar nel pilas, pequenos electrodomésticos, aceites minerais e vexetais, bombillas, tubos fluorescentes, aerosois, baterias, pinturas, vernices, disolventes, cartuchos de tinta, calzado ou telefonos móbiles.

Comments


bottom of page