top of page

O Rally da Auga celébrase na derradeira fin de semana de marzo



A antiga estación de tren de Ordes - Fosado (unha das atraccións da Vía Verde) foi o escenario perfecto para a presentación oficial do Rally da Auga o pasado martes. Na mesma comparecieron múltiples autoridades, que deron o seu total apoio para que a proba sexa un éxito e un gran impulso económico para toda a comarca. A proba terá lugar os vindeiros días 24 e 25 de marzo.


Entre as autoridades presentes estiveron os alcaldes de tódolos concellos que forman a Mancomunidade de Ordes; José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Cristina Capelán, Deputada de Deportes da Deputación da Coruña; José Vicente Medina, vicepresidente da Real Federación Española de Automovilismo; Alfonso García, vicepresidente da Federación Galega de Automobilismo; Chema Rodríguez, director xeral do Grupo Recalvi; e María Zas, presidenta do comité organizador.


Ao peche de inscricións xa había máis de trinta equipos anotados para a presente edición.

Comments


bottom of page