A festa do Samaín comeza a gañar forza en Galicia como variante local e tradicional do afamado Halloween. Concellos como Cerceda organizan propostas para un día de medo o domingo 31 de outubro. Entre as 11h da mañá e as 14h do mediodía terá lugar o magosto castañeiro no campo da feira da Silva. Pola tarde, ás 18h, o auditorio municipal acolle ‘Contos para pasalo de medo, de Títeres Brincadeira.
Pola súa banda, Tordoia xa celebrou hoxe o seu Samaín no Punto de Atención á Infancia.
Mentres, en Oroso, e durante o venres e o sábado, dentro da programación do Outono Cultural, o Concello de Oroso recolle na biblioteca municipal cabazas decoradas para expoñelas no centro cultural. Todas as persoas que leven a súa cabaza recibirán agasallo terrorífico sorpresa e algo de froita para merendar (arándanos, uvas e mandarina).
Comments