top of page

O servizo de atención ás parroquias de Oroso atendeu 200 peticións en seis meses



O Concello de Oroso puxo en marcha a finais do mes de xuño un servizo de atención directa dirixido a solucionar calquera tipo de problema ou incidencia que afecte á vida diaria das veciñas e veciños das parroquias do municipio. Durante estes primeiros meses de servizo atendéronse máis de 200 peticións de axuda, normalmente por problemas en puntos de luz, colectores de lixo, acumulacións de auga polas chuvias ou baches nos camiños das parroquias.


“Salvo algunha petición que require máis tempo o excede das competencias municipais, damos unha solución rápida ás demadas dos veciños; o obxectivo desta liña directa é axilizar os procedementos neste tipo de incidencias”, explica Luis Rey, alcalde de Oroso.


Cando algún veciño rural de Oroso teña algún problema pode chamar ou enviar un whatsapp ao número de teléfono 654 343 809 (ou escribir un mail a info@oroso.gal) e son atendidos de forma inmediata. O concelleiro José Calvo é o encargado deste servizo, "unha mostra máis do compromiso do grupo de goberno de Oroso co rural", sinalan dende o Concello.

“Vivimos nun concello cunha contorna natural que temos que coidar entre todos, a renovación continua dos servizos e infraestruturas nas parroquias é unha prioridade para o noso grupo de goberno”, engade Luis Rey. “Non hai mellor maneira de enterarnos dalgunha carencia ou incidencia que decirlle ao propio veciño que nos chame, que garde o número desta liña que poñemos á súa disposición e o utilice”, remata.

留言


bottom of page