top of page

O servizo de renovación do DNI estará en decembro en Ordes



O Concello de Ordes informou hoxe de que o equipo móbil de renovación de DNI estará na Casa da Cultura da localidade do 12 ao 16 de decembro. Poderase acudir con cita previa -obrigatoria-, que pode solicitarse chamando ao 981 68 00 02 ou nas oficinas xerais do Concello dende o luns 3 de outubro. As prazas encheranse por orde de inscrición ata agotarse.


A renovación será no último andar da Casa da Cultura e chamarase ás persoas en función do horario da reserva, polo que en caso de non ser puntual perderase a quenda.

Comentários


bottom of page