top of page

O Sigüeiro será filial da SD Compostela



O Sigüeiro Fútbol Club e mais a Sociedade Deportiva Compostela asinaron este luns un convenio de colaboración para a vindeira tempada, que entre outras consideracións establece que o club do concello de Oroso, que milita na Preferente Norte, será filial dos santiagueses.


Ambos clubs amosaron a súa satisfacción por este acordo alcanzado, pois pensan que este pode ser o primeiro paso dun longo camiño, no que tanto uns coma os outros agardan obter importantes réditos deportivos.


O convenio estruturase en dúas partes ben diferenciadas, unha deportiva e outra socioeconómica.


Na parte deportiva establécese que a dirección deportiva do proxecto recaerá nunha comisión con representación de ambos clubs, formada polos directores deportivos de ambas entidades. Esta comisión comezará a traballar de inmediato para conformar o plantel e o corpo técnico deste novo proxecto. Neste, o plantel estará formado na súa maioría por xogadores da comarca de Santiago, con preferencia por aqueles con vinculación anterior a ambos clubs.


Por outro lado, unha comisión socioeconómica encabezada polos presidentes de ambas entidades, Antonio Quinteiro e Antonio Liñares, velará polo cumprimento do convenio. Como nota a salientar, o acordo apunta que haberá prezos con importantes descontos para os abonados do Compos que queiran asistir aos partidos do Sigüeiro, e viceversa, é dicir, para os abonados do Sigüeiro que queiran asistir aos partidos do Compos.


Ambos os dous clubs agardan que esta colaboración dure moitos anos, e non desbotan ampliala nas vindeiras tempadas.

Comments


bottom of page