O tren dos Reis Magos percorreu Mesía
- Crónicas da comarca
- 5 ene 2022
- 1 Min. de lectura

As súas maxestades de Oriente non podían faltar á súa tradicional visita a Mesía, e cumpriron a tarefa a bordo dun tren que percorreu as diferentes parroquias do Concello. Alá onde foron, os reis agasallaron ás nenas e ós nenos mesienses con lambetadas e xogos, ademais dun sobre ecolóxico de benvida aos reis que deu Casa Grande de Xanceda para repartir.
Dende o Concello de Mesía expresaron a súa gratitude pola visita. "Máis de 200 nenos/as recibiron ós Reis polas parroquias do Concello de Mesía. Grazas os pais e nais por acudir a cita a pesar da choiva!", indicaron nas súas redes sociais. "O noso agradecemento á Casa Grande por pensar nos e nas nenos e nenas do Concello e á empresa Ramón García por axudarnos co transporte"

Comments