O xadrez saíu á rúa en Ordes
- Crónicas da comarca
- 11 oct 2021
- 1 Min. de lectura

Na mañá do pasado domingo, 10 de outubro, tivo lugar unha exhibición aberta ao público de xadrez no Campo da Feira de Ordes a cargo da Escola de Xadrez de Ordes. Contouse coa participación de xogadoras e xogadores de toda a comarca, xuntando máis de 25 persoas nas inmediacións das pistas multideporte para desfrutar de partidas de xadrez. Moitos viandantes achegáronse a interesarse por este novo deporte que a Escola promociona no concello de Ordes. A exhibición rematou cunhas simultaneas do xogador de Oroso; Martín Pena Varela, que se enfrentou a 10 riváis ao mesmo tempo.
A Escola de Xadrez de Ordes agarda seguir contando coa participación de todos os afecionados ao xadrez de Ordes e animáos a que acudan ás clases que imparten todos os mércores na Escola de Xadrez da Rúa Reconciliación nº 5.
コメント