O Concello de Oroso anunciou hoxe á veciñanza o arrinque de dúas obras. A primeira delas ten como obxecto a renovación da rede de saneamento e abastecemento municipal no núcleo do Campo de Cabanas, (parroquia de Oroso). A actuación suporá un investimento de 94.571 euros.
A segunda obra comprende os traballos para a renovación e pavimentación da avenida Álvaro Cunqueiro, no polígono industrial.
“Un dos piares da nosa acción de goberno é a renovación continua dos servizos e infraestruturas públicas, neste caso para mellorar a rede de abastecemento no rural e o tráfico no polígono”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde.
コメント