top of page

Ordes lembrará a "Ramón o practicante" cunha estatua polo seu centenario


O Concello de Ordes anunciou hoxe que colocará unha estatua de bronce en homenaxe a Ramón Ferreiro Regos, "Ramón o practicante", no acceso ao Centro de Saúde. O sanitario, nado en 1923 e finado en 2006, dedicou máis de 30 anos á atención médica desinteresada.


Fillo Predilecto de Ordes dende 1989, Ferreiro recibiu a Medalla de Galicia en 1998. Agora, polo seu centenario, será recordado cunha escultura en bronce de 190x100x70 cm a cargo do artista Miguel Couto Cotelo. "Un tributo digno para un home excepcional", sinalan dende o Concello.


O acto público da colocación renderá tamén homenaxe aos sanitarios e o seu labor durante a pandemia. "Ordes homenaxea a vida e a contribución excepcional de Ramón o Practicante, un home que non só foi un profesional exemplar senón tamén un ser humano extraordinario, moi recordado e respectado por cantidade de xeracións aos que tratou como pacientes en algún intre das súas vidas", aseguran dende o Concello.




Comments


bottom of page